-->

viernes, 9 de agosto de 2019

Nova campaña do Baíña Fútbol Sala



O Baíña Fútbol sala celebrou hoxe o acto de inaguración da tempada 2019-2020 coa presenza de Daniel Benavides da Xunta de Galicia, Gorka Gómez da Deputación de Pontevedra, Borja Arca da Real Federación de Fútbol galega e Mirian Costas e Carlos Gómez do Concello de Baiona.
As autoridades felicitaron ao club baionés polo seu traballo ao longo destes anos e desexaron moita sorte nunha campaña tan chea de retos e ilusionante como a que estes días comeza.
A Presidenta expuxo os valores do Baíña e incidiu no novo equipo feminino e o traballo de todo o grupo humano que fai posible que o Baíña teña unha parte deportiva moi importante pero tamén unha parte  social que é a forza do club.
Tamén se presentou o novo carné de  soci@ e todas as vantaxes que este carné conleva.


0 comentarios:

Publicar un comentario