-->

miércoles, 7 de agosto de 2019

EQUIPO FEMENINO

Este ano o Baíña Fútbol sala terá por primeira vez equipo feminino de base SIRIUS BFS
O club baionés comezará a liga cunha gran novidade, por primeira vez competirá oficialmente na liga feminina da Real Federación Galega en categoría cadete.
O equipo comezará a adestrar a partir do mes de setembro e as inscricións aínda están abertas para todas as nenas desde os 4 anos ata os 15. (Máis información 617902730)
O patrocinador deste equipo feminino será o Sirius Casco Vello de Baiona grazas ao cal o proxecto pode saír adiante.
Para o resto de categorías masculinas (nenos de 4 a 18 anos) o prazo de inscrición está aberto e os adestramentos comezan tamén en setembro.


0 comentarios:

Publicar un comentario