-->

Xabarín Futsal

El futuro del club y del fútbol sala echa a andar con su primer amistoso!

El BFS a la selección Sub-19!!

Oli, Martín y Carlos convocados a los entrenamientos de la Selección Gallega de Fútbol Sala Sub-19.

Presentación BFS

Este sábado 1 de noviembre a las 15.00 en el Pabellón Municipal de Baiona presentación de todos nuestros equipos! No faltes!!

Tienda BFS

Presume de colores con los productos del BFS! Hay de todo! Camisetas, bufandas, chandales, mochilas...!

¡Somos de Gallega!

El primer equipo de Javier Vidal jugará en Liga Gallega Sur.

lunes, 19 de agosto de 2019

BAI DE PRIMER EQUIPO


Esta tarde comeza a tempada do Primeiro Equipo do Baíña, novos retos, novas ilusións e a mesma filosofía "con  coraxe e con valores". Da man de David Pérez o persoal comezará no municipal a preparar o partido de Copa Galicia #ante o Pazos (Campión de Terceira).
O xuvenil de segundo ano Berto, natural de  Eidos (Baíña) fará a pretemporada co primeiro equipo grazas á súa gran campaña o pasado ano, o club seguirá apostando pola formación e o traballo de base.


sábado, 10 de agosto de 2019

BAI DE AMARELO

 OOOOOUUUUCHHHH!!!!!!!! 
Xa temos o novo carnet do BAIÑA....
BAI DE FAMILIA...
BAI DE ILUSIÓN...
BAI DE TRABALLO...
BAI DE COMPROMISO..
BAI DE SOLIDARIDADE...
BAI DE IGUALDADE...
BAI DE CANTEIRA...
BAI DE TERCEIRA...
BAI DE AMARELO
Faite soci@
Renova o teu carnet e goza de todas as súas vantaxes (Zumba, partidos de adestramento, descontos en negocios e empresas da zona, descontos nas festas e nos eventos do Baíña, etc.)
Para facerse soci@ contactar con calquera directivo do club.💛💛💛💛💛💛





viernes, 9 de agosto de 2019

Nova campaña do Baíña Fútbol Sala



O Baíña Fútbol sala celebrou hoxe o acto de inaguración da tempada 2019-2020 coa presenza de Daniel Benavides da Xunta de Galicia, Gorka Gómez da Deputación de Pontevedra, Borja Arca da Real Federación de Fútbol galega e Mirian Costas e Carlos Gómez do Concello de Baiona.
As autoridades felicitaron ao club baionés polo seu traballo ao longo destes anos e desexaron moita sorte nunha campaña tan chea de retos e ilusionante como a que estes días comeza.
A Presidenta expuxo os valores do Baíña e incidiu no novo equipo feminino e o traballo de todo o grupo humano que fai posible que o Baíña teña unha parte deportiva moi importante pero tamén unha parte  social que é a forza do club.
Tamén se presentou o novo carné de  soci@ e todas as vantaxes que este carné conleva.


miércoles, 7 de agosto de 2019

EQUIPO FEMENINO

Este ano o Baíña Fútbol sala terá por primeira vez equipo feminino de base SIRIUS BFS
O club baionés comezará a liga cunha gran novidade, por primeira vez competirá oficialmente na liga feminina da Real Federación Galega en categoría cadete.
O equipo comezará a adestrar a partir do mes de setembro e as inscricións aínda están abertas para todas as nenas desde os 4 anos ata os 15. (Máis información 617902730)
O patrocinador deste equipo feminino será o Sirius Casco Vello de Baiona grazas ao cal o proxecto pode saír adiante.
Para o resto de categorías masculinas (nenos de 4 a 18 anos) o prazo de inscrición está aberto e os adestramentos comezan tamén en setembro.


viernes, 2 de agosto de 2019

PUMU REFORZO PARA O PRIMEIRO EQUIPO

PRIMEIRO EQUIPO | Pablo Martinez " Pumu" procedente do Talleres vén reforzar a vangarda do equipo, xogador de gran nivel e talentoso que gustará moito ao público baionés. Con experiencia en terceira seguro que aportará moito ao equipo ⚽️ Benvido Pumu!



jueves, 1 de agosto de 2019

TORNEO DE VETERANOS

FUTSAL PARA TODOS | o sábado 31 de agosto e o 1 de setembro celebrarase no pavillón de Baiona noso primeiro torneo de veteranos (de 30 anos en diante). Para apuntarse contactar con Lorenzo 620301515 antes do 20 de agosto. haberá árbitros e os dous finalistas terán premios especiais. O torneo está organizada polo Baíña Fútbol sala en colaboración co Concello de Baiona.


REFORZO NA PORTERÍA

PRIMEIRO EQUIPO | Reforzo de garantía para a nosa portería, para cubrir a baixa de Pedro, chega Jorge Cortés procedente do Campito, con moita experiencia na terceira división, un porteiro seguro que decidiu apostar polo Baíña para seguir a súa carreira deportiva 🤲😃 Benvido!!!