-->

domingo, 21 de julio de 2019

Bo verán a tod@s...



Co peche do Campus de Verán pechamos outra tempada máis. Unha campaña onde máis de 100 nenos e mais de 30 adultos confiaron no noso club para facer deporte. A nosa base crece, da man do noso coordinador deportivo Daniel Alvárez o club logra asentar todos os seus equipos, e mesmo dobrar algunhas categorías.

A formación segue sendo nosa prioridade (FORMAMOS XOGADORES/FORMAMOS PERSOAS) e así se notou ao longo do ano na labor do equipo de adestradores de base que fixeron un traballo espectacular. Ademais este ano púxose a primeira pedra para facer o equipo de base feminino, con moitos adestramentos e algún amistoso e participación no Vila de Baiona, algo que esperemos teña continuidades na seguinte campaña. Tamén iniciamos una actividade nova de Psicomotricide para todos os nenos do club. A nosa escola de valores traballou con moitas ganas e ilusión o longo de todo o ano.

Este ano ademais de toda a actividade da federación, que non foi pouca, fixéronse varias convivencias co Santiago Futsal, A Quinta de Tui, Leis Pontevedra, Poio Pesacamar e ata co equipo Xaponés de Bork, ademais de participar en varios torneos, sin esquecer o noso Villa de Baiona, que este ano foi unha dos seus mellores  edicións, Campus de Nadal, Campus de Verán, Xornada de porteiros, escolas deportivas municipais, convivencia de Semana Santa en Mougas e moitas máis actividades deportivas. (CON CORAXE E CON VALORES).

Os nosos equipos  sénior lograron facer grandes campañas no deportivo, e ambos os equipos lograron que o pavillón se encherá en varias ocasións, conseguindo o Primeiro equipo o ascenso a Terceira Nacional.

Este ano tamén foi o ano de renovar a directiva e implicando a mais xente nun proxecto que medra día a día, una directiva encabezada por Ana Iglesias e con moita xente con ganas de traballar polo club. O noso clube este ano entrou a formar parte da Asamblea da Real Federación de Fútbol de Galicia e no Cómite de Futbol Sala Galego, un feito histórico para un club humilde como o noso.

Este ano nos acompañou na foto oficial Mon Barreiro, adestrador galego e actualmente no corpo técnico da selección española, (foto oficial con saúdo de Aicardo). Tamén nos visitou Vane Sotelo e Santi Valladares, os adestradores Mikel Diestro, Santi Domínguez e Sara Almeida, e ata Adri Martiño nos mandou mensaxe desde Australia.

O crecemento no apartado social foi espectacular, chegando a alcanzar os 400 socios, en parte grazas á gran campaña " To me  love".  Creáronse novas actividades para os socios ( Zumbiña, e  futsal para  maiores) organizáronse varias festas, entre elas unha que quedará no recordo como das máis grandes como foi a " Pre Fin de Ano", chegada de Papa Noel, Cabalgata de Reis, Festa no Villa Rosa, etc.

Destacar a nosa actividade no eido social e cultural, con diversas colaboracións con ONG´S e asociacións de Baiona e a commemoración de moitas datas importantes como o Día da Muller, o día do Autismo, etc. No apartado cultural nos visitiron Samuel Soto, para conmemorar as Letras galergas, e Iría Misa co seu libro Mamá quero ser Ziggy Starddust, ademáis de un concurso de poesía, outro de debuxo e outro de Rap en galego.

Esta tempada tamén se creceu en identidade, cada vez máis produtos do Baíña que ven por nosa Villa (pulseras, despertadores, viseras, botellas, chapas, etc.) (SEMPRE AMARELO)

Grazas como sempre aos patrocinadores, o Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

A directiva traballará estes dous meses para organizar xa sente campaña que se presenta moi apaixonante.  Destacar a chegada de David Pérez á dirección de metodoloxía e como adestrador de primeiro equipo.

O día 8 de agosto prestaremos a nova campaña deportiva e social con moitas novidades.

Bo verán a tod@s





0 comentarios:

Publicar un comentario