-->

domingo, 17 de julio de 2016

CAMPUS DE FÚTBOL SALA



Continúan os Campus Deportivos de Baiona. A próxima semana, desde o luns 18 ata o venres 22 de xullo, chega a quenda para o Fútbol Sala, organizado un ano máis polo club Baiña F.S., e co patrocinio, como nos demais, de “laCaixa”.

Baixo a dirección do coordinador do club Santiago Rodríguez (Adestrador Nacional nivel III), e impartido por monitores titulados de gran nivel, está dirixido para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, e ten como obxectivo promover este apaixonante deporte, buscando que o gocen a maior cantidade de nenos posible, nun ambiente de compañeirismo e diversión, e como non, aprendendo as características principais do fútbol sala.

O Campus contará con moitas actividades extra, como un obradoiro de inglés onde se divertirán aprendendo mediante xogos, excursións á praia, e charla dunha psicóloga deportiva sobre os valores do deporte. Ademais, contará coa presenza de varios invitados especiais, como adestradores de porteiros, Sara Almeida (adestradora portuguesa), Jorge Vaz (adestrador ourensán), e coa visita de Jesús Aicardo, xogador do Barcelona e da selección española.

No Campus colaboran outras entidades de Baiona como Eroski, Agua Sana, Rakso e Frutas Vilar-Patacas-.


0 comentarios:

Publicar un comentario