-->

viernes, 10 de junio de 2016

CAMPUS DE FUTBOL SALA

 
 
A Concellería de Deportes de Baiona presenta para este verán un amplo e variado programa deportivo, pero destaca dunha maneira especial a oferta orientada aos Campus, deseñados entre todos os clubs locais (Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabarís, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, Monte Real Club de Yates, Club Piragüismo Baiona, Wetsport Ladeira, Baíña FS, Club de Patín Baiona, Club Atletismo Baiona, AD Avanza e Club de Ximnasia Rítmica Estelas).
 
 
Dos 14 Campus que se poderán realizar sete disciplinas serán para o mes de xullo (tenis, ciclismo, deportes de combate, deportes náuticos, fútbol sala, tríatlon e multideporte) e outras sete no mes de agosto (fútbol, baloncesto, ximnasia rítmica, deportes náuticos, actividades de patín, atletismo e danza).
 
Os Campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10:00 a 14:00 horas, aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9:00 o horario de recepción dos alumnos. A excepción do campus náutico en xornada de tarde que terá un horario especial.
 
Deportistas e técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas visitarán os Campus para, desde unha óptica divertida, transmitir aos presentes as súas experiencias e realizar xogos e tarefas cos distintos alumnos.
 
O prezo para participar é de 200 euros por 5 campus ou de 300 euros para todos os campus dos meses de xullo e agosto, o que posibilita realizar actividades deportivas durante dez semanas a un prezo moi alcanzable. De todas as maneiras, tamén se poderán realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira (consultar prezos por campus individualmente ou tarifas por irmáns).
 
CaixaBank, patrocinador dos Campus, farase cargo a través da Obra Social “laCaixa” da matrícula de calquera veciño de Baiona que pretenda anotarse nos Campus e as súas circunstancias familiares non o permitan.
 
Ademais, todos os asistentes recibirán un equipamento deportivo, así como un tente en pé a media mañá para repoñer forzas.
 
As datas e os distintos campus programados son:
 
1.            Tenis >> 27 de xuño - ao 1 xullo.
2.            Deportes de Combate >> 4 ao 8 xullo.
3.            Ciclismo>> 11 ao 15 xullo.
4.            Deportes Náuticos >> 13 ao 16 xullo.
5.            Fútbol Sala >> 18 ao 22 xullo.
6.            Tríatlon >> 25 ao 29 xullo.
7.            Multideporte >>25 ao 29 de xullo.
8.            Fútbol >> 1 ao 5 agosto.
9.            Baloncesto >> 8 ao 12 agosto.
10.          Atletismo >> 8 ao 12 agosto.
11.          Ximnasia Rítmica>> 15 ao 19 agosto.
12.          Deportes Náuticos >> 17 ao 20 de agosto.
13.          Actividades Patín>> 25 ao 26 agosto.
14.          Campus Danza >> 29 de agosto ao 2 setembro.
 
O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de xuño e para formular as matrículas os interesados deberán entregar o formulario de inscrición cuberto nas oficinas de Deportes situadas no Pavillón Municipal de Baiona en horario de 9:00 a 14:00 ou de 18:00 a 21:00 horas, tamén se dispón de teléfono de información 986 356 558 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.

0 comentarios:

Publicar un comentario